Comarcas

A Deputación abre o prazo para solicitar axudas para actuacións centradas nos colectivos en risco de vulnerabilidade

Dende este venres, día 16 e durante 20 días

A Deputación de Pontevedra abre este venres, 16 de febreiro, o prazo para solicitar a liña de subvencións para que entidades sen ánimo de lucro poidan realizar actuacións centradas nos colectivos que precisan apoio desde o punto de vista social. Están dotadas con 470.000 euros.

Así, con estes recursos poderán financiar actividades de iniciativas postas en marcha para mellorar a calidade de vida e a integración das persoas que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

Só se concederá unha subvención por entidade e o importe máximo de cada unha non superará ou 7.000 euros, nin o 80% do orzamento total de cada actuación.

Entidades de iniciativa social

Esta liña de axudas está enfocada a entidades de iniciativa social con sede social ou delegación na provincia e poderán ser obxecto de subvención as actuacións relativas a proxectos, programas ou actividades de promoción e inserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social na procura da mellora da calidade de vida das persoas.

Solicitudes

As solicitudes, que estarán abertas durante 20 días hábiles, deben presentarse obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación. Deberán ir acompañadas do proxecto descritivo da actividade para a que se solicita a prestación. O mesmo incluirá: denominación ou nome; xustificación; obxectivos; persoas beneficiarias directas e indirectas; metodoloxía empregada; temporalización; ámbito territorial; recursos ou o impacto social estimado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.