Besteiro promete en Vigo a que a Xunta participará na reforma de Balaídos

O presidente Sánchez estivo hoxe na cidade co candidato socialista

O candidato do Partido Socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a que a o Goberno galego participe na reforma do Estadio de Balaídos. Besteiro, que participou nun mitin en Vigo, arroupado polo presidente do Goberno Pedro Sánchez, apostou, ademáis por unha Galicia “forte, moderna e sen complexos” que estea “conectada con España e Europa”.

Galicia imparable

Diante de 1.600 persoas que ateigaron o auditorio Mar de Vigo, o candidato socialista reivindicou unha Galicia “imparable” que supere a “parálise” dos 15 anos de goberno do PP para reactivar o emprego de calidade e a industria garantindo “máis prosperidade” e que blinde os servizos públicos, ofrecendo “máis Dependencia, máis igualdade, máis dereitos e ambición de país”. Subliñou que “a nós preocúpanos a Lei da Dependencia, non a independencia”, e dixo que os socialistas “non temos que ocultar o que realmente somos”.

Ironizou con que “chamarse Rueda e ser inmóbil xa ten tela” e chamou a “votar socialismo para activar Galicia e que se mova” fronte á “parálise” do PP. Besteiro defendeu unha Galicia que non obrigue aos mozos e mozas a emigrar, lembrando que en 15 anos 140.000 galegos e galegas tiveron que marchar na busca de traballo.

Reclamou un goberno socialista conectado co entorno estatal e comunitario fronte ao PP que busca unha Galicia “illada, sen conexión, na que nada prospera” e fronte a “outras opcións que queren outra cousa que deben dicir claramente”.

Besteiro en pleno mitin en Vigo

«Haberá sorpresas«

Gómez Besteiro anunciou “sorpresas” nas eleccións do 18F e advertiu que “comeza a semana da remontada” do PSdeG, que representa “o cambio seguro, sen estridencias”. Dixo que “somos o partido para gobernar a todos e todas, non só para algúns” e ao que “Galicia lle importa e no que vai pesar” sen estar “enfadados con todo o mundo”.

Pediu o voto aos socialistas “para que haxa un cambio real en Galicia” e frear o “maltrato, a falla de impulso e o torpedeo constante” do PP a Vigo, á provincia de Pontevedra, os que menos apoio reciben da Xunta, e ao goberno do Estado. Sinalou a pasividade de Rueda e Feijóo cando o “seu amigo Milei” intentou poñer en risco á flota galega mentres “quen se activou fomos Abel Caballero, o ministro Planas, Asuntos Exteriores, Pedro Sánchez e eu”.

Lembrou o intento do PP de frear dende Madrid a liña de AVE Lisboa – Oporto – Vigo para priorizar a liña á capital do Estado mentres o candidato do PP permanecía “calado”, igual que estivo durante o mes que tardou en baixar ás praias na crise dos pélets. “Rueda baixou ás praias un mes tarde e só se lle ocorreu pedirlle ao goberno de España un submarino”, ironizou antes de subliñar que “menos mal que o Goberno de España demostrou ter sentidiño”.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, hoxe en Vigo

Pedro Sánchez

O secretario xeral e presidente do goberno, Pedro Sánchez, criticou a espantada” do PP e de Rueda dos debates electorais, aludindo ao debate desta semana na RTVE, e logo de sinalar que “cando un equipo de fútbol no se presenta, perde o partido e é expulsado da competición”. Dixo que a actitude do PP demostra “total ausencia de argumentos e de proxecto político para Galicia” e  unha “falla de respecto aos galegos e galegas”.

Sánchez reclamou apoio “masivo” a Gómez Besteiro para que haxa “hilo directo Moncloa – Xunta, que suporá “poñerlle a directa a Galicia nos próximos 4 anos”, logo de reivindicar os investimentos para Galicia en infraestruturas e FFCC, para o sector pesqueiro e naval ou coa moi alta tensión para Stellantis. Chamou ao “voto do cambio” a favor do PSdeG que ten demostrado a cidadanía á hora de confiar o futuro nos pobos e cidades.

Chamou a “votar en masa para mandar ao PP á súa casa” e que rematen os 15 anos de perda de oportunidades para Galicia, nos que Feijóo “o único que fixo foi triplicar a débeda pública” en Galicia, para marchar a Madrid e “en 2 anos abrirlle as portas a gobernos de coalición reaccionarios con Abascal”, deixando un balance de “mala xestión e malas compañías”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, no mitin de Pedro Sánchez e Besteiro

Abel Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu o voto para Besteiro “como cidadán, como socialista e tamén como alcalde” e chamou a que “todo Vigo lle vote”, para que “sexamos unha cidade cos nosos dereitos garantidos, a forma de entendernos garantida e que poidamos falar a mesma lingua”, logo de 15 anos de maltrato do PP. Caballero amosouse seguro de que Besteiro, dende a Xunta daralle a Vigo «todo o que lle pidamos».

Elena Espinosa

A cabeza de lista por Pontevedra, Elena Espinosa, chamou a concentrar o voto en Besteiro porque “non pode quedar ninguén na casa”. Porque “non queremos máis resignación, nin que os alcaldes teñan o desprezo do PP, non queremos máis machismo nin máis caciques, aínda que teñan cara amable”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.