Galicia

Rueda quere facer gratuítos os primeiros gastos veterinarios para as persoas que adopten

E crear parques caninos nos concellos de máis de 20.000 habitantes

Rueda quere facer gratuítos os primeiros gastos veterinarios para as persoas que adopten

O candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, amosou hoxe o seu compromiso de facilitar a adopción de animais ofrecendo gratis as primeiras vacinas e a implantación do microchip e mediante a posta en marcha dun centro autonómico de acollida de animais.

Parques caninos en concellos de máis de 20.000 habitantes

Así mesmo, ao igual que no seu día o líder dos populares galegos anunciara a creación de parques caninos nas sete cidades, o programa electoral do PPdeG inclúe ademais a proposta de ampliar o seu número e estendelos tamén aos concellos de máis de 20.000 habitantes.

«Os galegos queren ter animais e queren coidalos e atendelos nas mellores condicións», afirmou Rueda destacando que a día de hoxe un de cada tres galegos ten dada de alta unha mascota e apostando por unha Administración que sexa partícipe desta realidade e ofreza facilidades en materia regulatoria.

Lei de Benestar Animal

Alfonso Rueda salientou neste sentido que Galicia foi a primeira comunidade en aprobar unha Lei de Benestar Animal que se compromete a desenvolver para «darlle seguridade de todo tipo a quen ten un mascota e tamén a todos os profesionais no ámbito da medicina veterinaria e do comercio de produtos de coidado e alimentación».

«Queremos seguir traballando para estender entre os galegos o bo hábito de ter unha mascota e, ao mesmo tempo, apoiar e aprender a todos os profesionais que garanten o benestar destes animais», subliñou durante a visita realizada á Clínica Veterinaria Canis de Ponteareas acompañado pola alcaldesa Nava Castro, a candidata pola provincia de Pontevedra Raquel Plana, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.