Destacados Vigo al minuto

O Concello de Vigo, en risco de perder 1,2 millóns de fondos europeos para vivendas

Por non asinar un convenio coa Xunta

O Concello de Vigo, en risco de perder 1,2 millóns de fondos europeos para vivendas

O Concello de Vigo está en risco de perder preto de 1,2 millons de euros de fondos europeos. Así, a Xunta ven de advertir hoxe ao Goberno municipal da necesidade de que proceda asine o convenio para o financiamento con fondos da Unión Europea da construción de 27 vivendas en Esturáns. En caso de non asinar o mesmo, pode perder a axuda concedida.

En concreto, o Goberno galego concedeu ao Concello de Vigo unha subvención por importe de 1.187.982€, no marco do programa de axuda á construción de vivendas en alugamento social en edificios enerxeticamente eficientes para promotores públicos e privados, convocatoria financiada con fondos da Unión Europea, a través do Next Generation.

Concedida o 1 de setembro

A subvención, que foi concedida e comunicada o 1 de setembro de 2023 pero está condicionada á sinatura dun acordo entre o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, Xunta e o Goberno municipal.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) remitiulle xa o texto ao Concello de Vigo o pasado 20 de decembro e a súa sinatura resulta imprescindible para que a axuda chegue ao Goberno municipal, existindo o risco de que a perda por non xustificar a súa axeitada tramitación.

10 días

Ante a demora do Concello no cumprimento deste requisito e co fin de evitar a perda dos fondos, o IGVS enviou hoxe, venres, un requirimento ao Goberno local para que remita o convenio asinado no prazo máximo de 10 días naturais.

Falla de vivendas de protección en Vigo

 Hai uns días, nun acto de campaña, o alcalde reivindicaba que o novo Plan Xeral contempla a construcción de 15.000 vivendas con algún tipo de protección, e mencionaba como exemplo as que o Concello está levantando en Santa Cristina, Avenida de Madrid ou, precisamente, Esturáns.

Ademáis acusaba aos responsábeis do Goberno de Galicia de licitar 38 vivendas “para unha demanda de 7.000 persoas só na cidade de Vigo” Asi mesmo, insistía en que para iso a Xunta empregaba “cartos do Goberno de España do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia. A Xunta cando quere facer vivenda utiliza solo municipal e cartos do Goberno de España. Vaia política de vivenda!”.

También te puede interesar