Galicia

Caballero reivindica a súa actividade en todas as parroquias

E critica o modelo de asociacionismo da Xunta

Caballero reivindica a súa actividade en todas as parroquias

O presidente do PSdeG-PSOE en Vigo, Abel Caballero, reivindicou nun acto coa Asociación de Veciños da Miñoca a actividade que desenvolve o tecido asociativo de Vigo no seu ámbito.

Caballero criticou o modelo de asociacionismo da Xunta de Galicia e do Partido Popular de xuntar “a todas as entidades nun edificio que teñen baleiro na rúa Lalín: “Como van ir reunirse ou organizar actividades, por exemplo, os veciños e veciñas de Oia, ata Praza América todos os días? O mundo ao revés, piden que as asociacións se adapten a eles”, lamentou na súa intervención.

Cooperación coas asociacións dende o Concello

Acompañado por membros da candidatura, que en esta campaña han cedido el protagonismo al alcalde, louvou o modelo municipal que «traballa na cooperación coas asociacións in situ, co apoio económico para dotacións e pago dos gastos, así como a mellora de infraestruturas e a creación de novas», como aparece no Plan Xeral de Ordenación Municipal: a ampliación do CRAC de Coruxo; escolas de música en Oia e Bembrive; pavillóns deportivos en Beade e Zamáns; novas instalacións deportivas en todas as parroquias; rehabilitación de edificios industriais para dotacións; centro de maiores en Navia; centro para persoas con Alzheimer en Teis, ou o Vigo Arena, enumerou Caballero.

Para o presidente do PSdeG-PSOE en Vigo, “o Partido Popular non cre no territorio nin nas parroquias” e afirma que desde o partido Partido dos Socialistas de Vigo “seguiremos a potenciar os lugares de encontro nas parroquias”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.