Xa hai programación para o Entroido de Vigo

Do día 9 ao 14, con concertos, charangas, pasarrúas, disfraces ou talleres

Xa hai programación para o Entroido de Vigo

Xa temos a programación para o Entroido de Vigo, que comezará este venres, 9 de febreiro, coa entronización do Meco ás 20:30horas na Porta do Sol. Os actos seguirán ata o mércores, día 14.

Programación

Haberá actividades para tódolos públicos: o gran desfile de comparsas do sábado 10 de febreiro por García Barbón, concurso de disfraces, concertos e batucadas conforman o programa de actos deste ano.

  • Venres 9 de febreiro: Entronización do Meco, ás 20:30 horas en Porta do Sol. Animación de rúa con “Batukada Lenha Verde” desde as 18:30h a 20:30h por Príncipe- Porta do Sol e Policarpo Sanz. Unha vez finalizada a entronización do Meco (21:30h) concerto a cargo da “Orquestra Saudade” na Porta do Sol.
  • Sábado, 10 de febreiro: Animación de rúa coa “Charanga Imperiais” de 17:00h a 18:00h por Príncipe. O desfile de comparsas sairá ás 18:00h. da rotonda de Isaac Peral percorrendo García Barbón e rematando en Policarpo Sanz. Unha vez finalizado o desfile celebrarase o concerto do grupo Broken Peach en Porta do Sol (22h).
  • Domingo 11 de febreiro: De 12 a 14:00 horas, pasacalles por rúa do Príncipe e Porta do Sol a cargo de “Batukada Lenha Verde”. De 17:00h a 19:00h, animación de rúa a cargo de “Charanga Imperiais” en rúa Príncipe e na contorna de Porta do Sol. Actuacións infantís: ás 17:00 horas o Pallaso Popín en Porta do Sol (en caso de choiva trasládase ao Auditorio municipal e ás 18:30 horas, actuación do Mago Cali.
  • Luns 12 de febreiro: De 17 a 20:00 horas haberá talleres en Porta do Sol (se chove no Auditorio Municipal). Animación de rúa coa “Charanga Imperiais” de 17:00h a 19:00h (pasarrúas rúa Príncipe). Concerto a cargo de “Orquestra Stereo” (Porta do Sol ás 21:30h)
  • Martes 13 de febreiro: Concurso de disfraces en Porta do Sol ou no Auditorio do Concello (en caso de choiva). Ás 20:00 horas, concerto a cargo do grupo vigués “Os E.P.”, cun segundo pase á finalización da queima do Meco, que será ás 20:45 horas en Porta do Sol.
  • Mércores, 14 de febreiro: Exequias funerarias e desfile e acompañamento das comparsas da comitiva fúnebre a partir das 18:30 horas polas rúas Policarpo Sanz, Travesía de Príncipe, Rúa Príncipe, Urzáiz e finalización en Policarpo Sanz. Estará amenizado por “Batukada Lenha Verde” e a “Banda de Gaitas Atlántida de Matamá”.

También te puede interesar