Galicia

Unha nova enquisa apunta a que o PP pode perder a maioría absoluta en Galicia

Ana Pontón é a líder mellor valorada, por diante de Rueda e Besteiro

Unha nova enquisa apunta a que o PP pode parder a maioría absoluta en Galicia

Seundo unha nova enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), coñecida hoxe, e feita en base a 3.700 entrevistas, o Partido Popular podería perder a maioría absoluta que ten no Parlamento de Galicia dende hai 15 anos.

Así, o sondeo apunta a que o PP obtería entre 34 e 38 escanos (a maioría está en 38); o BNG 22-26 e o PSdeG-PSOE 13-15. Poderían entrar na Cámara galega Sumar (0-1 escanos segundo a enquisa) e Democracia Ourensa, de Jácome, tamén con entre 0 e 1 representante.

Voto directo

No que se refiere ao voto directo o 34,7% sería para o PP; o 25,3% para o BNG e o 12,8% ao PSdeG. Sumar obtería un 2,2%, a Dereita Extrema un 1,2% e Democracia Ourensana o 0,3%. En canto á porcentaxe de voto sobre o voto válido, o PP obtería 42,2%, o BNG case un 33%, o PSdeG o 20%. Sumar lograría 2,1% e DO 0,4%, a Dereita Extrema un 0,9%. e Podemos o 0,3%.

Ana Pontón, a líder máis valorada

Coma a anterior, esta enquisa volve a situar á candidata do BNG, Ana Pontón, coma a líder mellor valorada, cun 5,74, seguida de Alfonso Rueda (PP), cun 5,37; e do candidato do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, cun 4,86. Por detrás están a cabeza de cartel de Sumar, Marta Lois, cun 3,98.

Importante: hai preto dun 30% de indecisos

A enquisa do CIS (realizada entre o 29 de xaneiro e o 1 de febreiro) amosa que un 27,7% das persoas que responderon á mesma aínda non decidiu a quen vai votar. O 6,1% vai decidir o voto o mesmo día 18, xornada de Eleccións e o 5,5% o día de reflexión.

You may also like