Galicia

Dende hoxe, os autónomos que queiran contratar traballadores poden pedir axudas de ata 17.600€

Incentívanse os colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo

Dende hoxe, os autónomos que queiran contratar traballadores poden pedir axudas de ata 17.600€

Os autónomos que desexen contratar a traballadores indefinidos poden solicitar desde este luns as axudas autonómicas destinadas a este fin, en concreto, á contratación do
primeiro, segundo e terceiro empregado e a súa formación.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o luns 29 de xaneiro este programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade dotado con 1,3 millóns de euros, un orzamento co que se prevé a
contratación dunhas 140 persoas desempregadas. Inclúense dous tipos de axudas compatibles entre si: o bono de contratación e o bono de formación para impulsar a cualificación no posto de traballo das persoas traballadoras indefinidas empregadas.

Estas axudas poden pedirse ata o vindeiro 30 de setembro. A finalidade da iniciativa é favorecer a creación de novos empregos estables e a que as persoas traballadoras autónomas fagan fronte á contratación de traballadores. Ademáis incentívase de xeito especial os colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo.

Ata 17.600€

Para a primeira persoa traballadora indefinida establécese un incentivo mínimo de 7.500 euros e máximo de 14.400 euros; e para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida fíxase un apoio mínimo de 9.000 euros e máximo de 17.600. Serán colectivos prioritarios e incentivados cunha maior contía nos apoios si a contratación referirse a persoas desempregadas de longa duración, as persoas maiores de 52 anos, persoas con discapacidade, persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas emigrantes retornadas e estranxeiras. Este ano, como novidade, incorpóranse tamén como grupos prioritarios ás mulleres.

As contías base, ademais, poderán incrementar nun 15%, acumulables entre si, se a persoa contratada é unha muller nunha profesión ou oficio no que o sexo feminino estea subrepresentado, no caso de que o centro de traballo estea situado no rural, persoas maiores de 45 anos e persoas trans.

También te puede interesar