Comarcas

Máis recursos para loitar contra a violencia de xénero en concellos pequenos

A Deputación aumenta a partida para fomentar, tamén, a igualdade

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno as bases das axudas destinadas a concellos e entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Estas dúas liñas, tal e como explicou o presidente Luis López, ascenden a 460.000 euros, un 12% máis que o pasado ano, dos cales 260.000 irán dirixidos a concellos e os 200.000 restantes a entidades sen fins de lucro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación das bases das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia.

Para concellos de menos de 20.000 habitantes

O presidente detallou que as axudas para concellos destínanse aos municipios de menos de 20.000
habitantes, “para que poidan promover actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e
igualitaria
. Neste caso, a contía máxima por concello será de 6.000€ e, entre outras cuestións,
permitirá aos gobernos locais impulsar actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; proxectos para mellorar a atención integral ás vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e persoas dependentes ao seu cargo; actividades para mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres e campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade. Tamén para elaborar plans de igualdade, proxectos e iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais contra a violencia de xénero; crear redes de apoio para fomentar a corresponsabilidade e para contratar persoal empregado público especialista en materia de igualdade.

Entidades sen fins de lucro

No caso das entidades sen fins de lucro, Luis López explicou que as axudas ascenden a 200.000 euros,
50.000 máis que no 2023
, e que cada solicitante poderá recibir ata 7.000 euros, 1.000 euros máis que o
pasado ano. Con estes recursos, as entidades poderán impulsar actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; de atención integral de vítimas de violencia machista, fillos e persoas dependentes ao seu cargo; programas destinados a mulleres vulnerables; proxectos e actividades para fomentar a igualdade; proxectos encamiñados a mellorar a formación, o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos que favorezan a conciliación e campañas de difusión en materia de igualdade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.