Bota a andar a campaña electoral das eleccións máis disputadas en Galicia

O día 18, un total de 2.693.624 galegas e galegos elixiremos o 13º Parlamento galego

Bota a andar a campaña electoral das eleccións máis disputadas en Galicia

Ás 00:00h. deste 2 de febreiro comezou a campaña electoral das que semellan as eleccións máis disputadas de Galicia. O vindeiro día 18, un total de 2.693.624 galegas e galegos con dereito ao voto (2.217.110 residentes en Galicia y 476.514 no extranxeiro) elixiremos ao 13º Parlamento galego, e decidiremos quen gobernará ata 2028.

43 anos de autonomía

Nos 43 anos pasados de autonomía, escollemos que o Partido Popular estivese á fronte da Xunta 35 deles (con José Quiroga; Gerardo Fernández Albor, Manuel Fraga, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, como presidentes); 7 o PSdG-PSOE (con Fernando González Laxe y Emilio Pérez Touriño) e 1 ano UCD (con Antonio Rosón, primeiro presidente do Goberno galego en época ‘preautonómica’). Agora 11 partidos e coalicións presentan as súas candidaturas (Sumar Galicia, Podemos, Espazo Común Galeguista, Vox, Democracia Ourensana, Escanos en Branco, Por un Mundo máis Xusto, PACMA, PP, BNG e PSdG-PSOE), ainda que só estes tres últimos teñen posibilidades reais de formar parte do Goberno.

O Partido Popular, que leva 15 anos dirixindo a Xunta, con catro maiorías absolutas. O día 18 enfronta a ‘época postFeijóo‘ coa necesidade de revalidar ao seu sucesor, Alfonso Rueda (55), que chegou á Presidencia sin ser o cabeza de cartel do seu partido en 2020.

Ao mesmo tempo, Ana Pontón (46), líder do BNG, ten que amosar que logo encabezar a candidata do seu partido en 2016 e 2020 -convocatoria na que levou ao Bloque ao mellor resultado da súa historia- é quen de artellar unha alternativa real que sitúe aos nacionalistas, e á primeira muller, á fronte do Goberno galego.

Por último, José Ramón Gómez Besteiro (56), ademais de recuperar ao PSdG-PSOE da calamidade do resultado da candidatura de Gonzalo Caballero, hai 4 anos, debe amosar que pode facer no país o mesmo que a fronte da Deputación de Lugo, que presidiu entre 2007 y 2015.

BNG: “Hoxe comeza a conta atrás para o cambio galego”

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, abriu hoxe en Vigo a campaña das eleccións galegas chamando á mobilización e a concentrar na papeleta do BNG o voto de todas as viguesas e vigueses que queren derrotar ao Partido Popular, incluso daquelas que en anteriores eleccións votaron a outras forzas políticas, para queo vindeiro 18F haxa un cambio de época para Galiza, con Ana Pontón como primeira presidenta da historia. “Que non se perda nin un só voto”, pediu.

Bará destacou que o Bloque vai “poñer no centro” as propostas para Vigo, unhas propostas que se poden resumir nunha idea fundamental: cambiar a política de confrontación estéril por un unha política de cooperación intelixente da Xunta coa cidade de Vigo e a súa área metropolitana. O Bloque dende a Xunta, dixo, traballará “para facer de Vigo esa grande locomotora industrial de Galiza, un gran polo científico e tecnolóxico, o grande porto atlántico e tamén para facer de Vigo a ponte de comunicación e relación privilexiada co Norte de Portugal“.

O cabeza de cartel insistiu en que o resultado destas eleccións vai decidirse por poucos votos e salientou que van ser decisivos dous factores, o primeiro que haxa un incremento da participación e que todo o voto do cambio se concentre na papeleta do Bloque, a única alternativa real, dixo, para disputar a Presidencia da Xunta ao Partido Popular. “Se iso pasa, o cambio vai estar asegurado”, garantiu, advertindo que todo voto que se disperse favorece ao Partido Popular.

O PP pide apoiar “a experiencia e a xestión”

A presidenta del PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, dirixiuse aos que elixiron nas anteriores eleccións, de “xeito maioritario”, a ‘papeleta’ do Partido Popular para reditar o seu apoio o vindeiro 18 de febreiro. Fixo coincidindo coa pegada virtual de carteis, horas antes do inicio oficial da campaña.

Tapias pediu non confiar o futiro de Galicia “ao caos e as coalicións imposibles“ e acudir masivamente a votar. “Nos xogamos moito: xogámonos a Galicia das persoas, a Galicia que prospera, a Galicia do futuro: en definitiva, a Galicia que funciona.

https://twitter.com/ppdegalicia/status/1753170225590059476

A presidenta do PP vigués subliñou que “poucas veces un voto ao PP tivo tanto valor como o vindeiro 18 de febreiro” porque “cada apoio á candidatura que encabeza Alfonso Rueda é un apoio á experiencia e a xestión dun goberno que sabe traballar e que así o ten demostrado.

PSdG-PSOE: “Máis emprego, máis economía e mellor sanidade”

Pola súa banda, o candidato dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou “o mellor que lle pode pasar a Galicia é votar cambio o día 18”. Para iso, puxo ao Partido Socialista como “sinónimo de solucións coa receita de máis emprego, máis economía e mellor sanidade”. Acompañado pola vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, anticipou “unha campaña intensa e de moita ilusión, que terá a meta final no cambio”.

“Somos o partido das solucións fronte os problemas, o partido da verdade fronte o partido da mentira, o partido da tolerancia fronte o da crispación”, incidiu.

https://twitter.com/PSOE/status/1753131232802513278

Resumiu o programa electoral do PP en “vou facer nos próximos catro anos o que non fixen nos últimos quince” e asegurou que “o verdadeiro programa do partido de Rueda é votar en contra dos 800.000 galegos e galegas que teñen unha pensión”. En contraposición insistiu en que o PSdeG “ten capacidade, ambición, experiencia e influencia en España para cambiar Galicia a mellor”.

También te puede interesar