Destacados Vigo al minuto

Teis sae á rúa ante a falta de médicos no seu Centro de Saúde

Este venres, día 2 de febreiro ás 18:00h.

Teis sae á rúa ante a falta de médicos no seu Centro de Saúde

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este vindeiro venres 2 de febreiro ás 18:00 horasdiante do Centro de Saúde, para denunciar a falta de médicos polas tardes.

O pasado mes de decembro, a Asociación dirixiuse a Julio Comesaña, Conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a súa “preocupación e indignación” por esta carencia. O feito é que desde novembro, no centro, que debería contar con 9 médicos, só hai 4, “menos da metade, ao que hai que engadir a falta dun pediatra”.

Esta carencia supón que as citas para consulta sexan para dentro de 15 días e que as urxencias sexan derivadas ao PAC, iso sen contar a sobrecarga de traballo para os médicos que atenden polas tardes”.

Deterioro da atención sanitaria

Esta situación, subliñan dende a asociación veciñal, provoca un deterioro da atención sanitaria, que “non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde do noso país”. Así, os veciños consideran unha “prioridade” contar cunha sanidade pública e de calidade e “non imos aceptar ningún recorte no persoal do centro de saúde”.

También te puede interesar