Cultura

As exposicións de Rosendo Cid e David Fidalgo Omil, abertas desde este xoves na Sede de Vigo da Deputación

Poderán visistarse ata o 1 de marzo

As exposicións de Rosendo Cid e David Fidalgo Omilabren este xoves na Sede de Vigo da Deputación

A Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolle desde este xoves unha dobre exposición que encherá de arte as salas Rosalía de Castro e Maruja Mallo.

Desta maneira, a primeira acubillará “Máis alá De Catro a catro”, de Rosendo Cid, e a segunda “Love”, de David Fidalgo Omil. Ambas mostras poderán visitarse ata o 1 de marzo.

“Máis alá De catro a catro”

É un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio “De catro a catro”, co que Rosendo Cid intenta extraer “novos poemas”, nun sentido plástico, e obxectualizar cada unha das dezanove pezas que conforman esta obra. Faino desde un punto de vista vangardista, influído polo manifesto “Máis alá”, redactado polo poeta en 1932, e tratando de amosar ao público non só a transcendencia da obra de Manuel Antonio, senón tamén un modo diferente de achegarse á súa escrita e á arte e á literatura en xeral.

«Love»

Por outra banda, en “Love” David Fidalgo establece unha reflexión sobre o clixé do amor verdadeiro na
televisión. O artista leva anos producindo obras de animación sobre a sociedade que amosan a televisión e as redes, desde un punto crítico e irónico, a través do concepto do meme e do absurdo. Nesta mostra,
Fidalgo convida aos asistentes a presenciar esta telerrealidade a través do retrato dos personaxes que a
habitan e que, dunha maneira humorística, esconden unha imaxe perturbadora da sociedade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.