Comarcas

Anuncian mobilizacións contra o Goberno local de Redondela

Por non cubrir os postos de traballo e incumprir os acordos co persoal

Anuncian mobilizacións contra o Goberno local de Redondela

As seccións sindicais CIG, CSIF, UXT e CCOO do Concello de Redondela tras a asemblea  celebrada o o pasado día 10, denuncian a “deixadez do Goberno local en materia laboral”.

20 postos sen cubrir

Asi, subliñan, “o Concello cada vez ten menos persoal para realizar o traballo, a día de hoxe ten 20 postos desertos ou o que é o mesmo vinte traballadores menos”, subliñan. A este feito hai que engadir queas baixas e os permisos de maternidade e paternidade non se cubren, sobretensionando ao cada vez máis escaso cadro de persoal e non podendo ofrecer uns servizos de calidade á cidadanía”.

Paralización da Oferta de Emprego público

A pesar da “insistencia” de ditas seccións sindicais na solicitude da cobertura por calquera medio legal destes postos de traballo, a “paralización por parte do Goberno municipal de Redondela” da execución das ofertas de emprego público dende o ano 2017; a “ausencia de negociación cos sindicatos” e o “incumprimento dos acordos acadados en Mesas Xerais de Negociación” pasadas, dá como resultado un descontento xeral das persoas traballadoras.

Por iso, ante esta situación, os representantes sindicais decidiron que iniciarán mobilizacións “no caso de non obter respostas por parte do Goberno local as peticións do cadro de persoal”.

También te puede interesar