Galicia

Caballero, descabalgado da lista do PSOE

Estaba proposto como número 1 polo partido en Vigo

Caballero no volverá. Nunha entrevista publicada esta pasada fin de semana, o candidato do Partido Socialista á Presidencia da Xunta. José Ramón Gómez Besteiro, adiantaba que habería cambios nas listas para as Eleccións ao Parlamento de Galicia. Dito e feito.

Adeus a Gonzalo Caballero

Hoxe o Comité Provincial do PSdeG aprobou por unanimidade a candidatura por Pontevedra e Gonzalo Caballero, que encabezaba a proposta de lista presentada polo partido en Vigo, non so non estará no número 1, é que desaparece da candidatura.

Seica o papel de hai 4 anos, cando como cabeza de cartel non so non foi quen de evitar que Feijóo subise en escanos e en votos, senón que asinou o peor resultado do PSdG nunha cita autonómica, están no fondo desta decisión.

Elena Espinosa

Quen liderará a lista por Pontevedra será a ex ministra de Pesca e concelleira en Vigo, Elena Espinosa (Ourense, 1960); co portavoz do Goberno Local Carlos López Font (Madrid, 1957), no número 2. No número 3 estará a pontevedresa Paloma Castro, que xa foi deputada o pasado mandato; o mesmo que o número 4, Xulio Torrado e a número 5, Leticia Gallego.

No sexto irá o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña; eno 7 Ana Costas, ex xefa de prensa do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, e no 8 Delfín Domínguez, médico, e candidato á Alcaldía de Ponteareas en 2023.

En palabras do secretario xeral socialista da provincia, David Regades, é únha candidatura “moi potente, recoñecible, representativa da provincia máis socialista de Galicia e configurada con persoas dun alto perfil político, con experiencia na xestión e pensada para traballar por esta provincia e por Galicia dende o Goberno da Xunta”.

Aprobada polos comités Nacional e Federal

A proposta do Comité Provincial de Pontevedra xa foi elevada ao Comité Nacional de Listas e será aprobada, mañá, día 9, polo Comité Nacional antes de trasladala ao Comité Federal para a aprobación definitiva. De acordo co calendario electoral será rexistrada diante da Xunta Electoral Provincial antes do próximo día 15.

David Regades agradeceu a implicación da militancia e das agrupacións locais socialistas facendo chegar as súas propostas de integrantes para a elaboración da candidatura. «Un proceso que demostrativo da democracia interna do partido e do capital humano do PSdeG-PSOE«, subliñou.

A provincia, decisiva

Regades subliñou que a provincia de Pontevedra volverá ser decisiva para o cambio na Xunta “demostrando a forza do socialismo neste territorio”. “O PSdeG-PSOE é a única opción para un bo goberno en Galicia e para facer a José Ramón Gómez Besteiro presidente”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.