Galicia

Este luns, abre o prazo de solicitude e descarga do ‘Bono Deporte’ de 120€

Para todas as familias con rapaces de entre 6 e 16 anos

Este luns, abre o prazo de solicitude e descarga do 'Bono Deporte'

Este luns, día 8, abre o prazo para que as familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos con licenza federada ou do Programa Xogade poidan descargar o Bono Deporte. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo.

Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira que o importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra.

Máis de 700 establecementos

O Bono Deporte avanza no cumprimento dos tempos previstos tras rematar o pasado martes, 2 de xaneiro, o período de adhesión de establecementos comerciais ou entidades prestadoras de servizos á campaña con máis de 700 entidades. A listaxe está dispoñible na web bonodeporte.gal, na que tamén se recolle toda a información sobre o procedemento a seguir para poder realizar desde mañá a descarga dos bonos.

Un bono por menor

Asi, cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pago. A entidade accederá á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto.

Por último, cómpre lembrar que pódese empregar, tamén, o enderezo electrónico [email protected] para trasladar as súas dúbidas e suxestións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.