Destacados Vigo al minuto

Este xoves, nova manifestación de Vitrasa

Coincide cunha nova convocatoria de reunión negociadora coa empresa

Este xoves, nova manifestación de Vitrasa

O Comité de empresa de Vitrasa convoca este xoves unha nova manifestación que sairá ás 19:00h. dende a Praza de España. A mobilización prodúcese logo de coñecerse o aumento do prezo do billete desde o pasado día 1 de xaneiro e coincide coa convocatoria a unha nova reunión negociadora entre os sindictos e a Dirección da concesionaria.

Reunión

En relación con esta nova xuntanza, dende o Comité de Empresa lembran que “o colectivo de traballadores e traballadoras de Vitrasa somos o máis afectados polo actual estado de folga e é por iso que non temos maior interese por alongar unha situación na que somos os maiores prexudicados”.

Asi mesmo, subliñan que a súa intención foi, “en todo momento”, desbloquear o conflito; é por iso que, a pesar de non chegar a entendemento en anteriores reunións, realizaron unha revisión da plataforma inicial de convenio que entregaron á empresa pra a súa valoración.

Documentación pendente

Con todo, engaden dende o Comité, que desde a primeira reunión solicitaron á empresa unha “documentación imprescindible” para poder valorar e realizar posibles ofertas no marco da negociación. “Confiamos en que a pesar de non realizarse a entrega desta documentación, a disposición para negociar da dirección de Vitrasa (situación que vimos demandando dende hai tempo) seá positiva e dita documentación nos sexa entregada antes da reunión”.

En caso de que non fose así, entenden que se atoparía, “novamente”, cunha “reunión baleira de contido e na que chegar a acordos resultará practicamente imposible”. Con todo, conclúen dende o Comité, “reiteramos a nosa total disposición a chegar a acordos para darlle unha pronta solución ao conflito”.

También te puede interesar