Comarcas

Tomiño demanda á Xunta 600.000€ pola financiación de servizos sociais que non son competencia municipal

Como a Axuda no Fogar, o Centro de Día e as Escolas Infantís

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no Pleno de decembro, unha moción para abordar o financiamento dos servizos sociais de competencia non municipal. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG, quen impulsou a iniciativa, e do PSOE, e coa abstención do PP.

Só ten competencia en avaliación e atención inmediata

Coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, apuntan dende o Concello, as competencias municipais sobre os servizos sociais diminuiron. Asi, só se manteñen a responsabilidade en materia de avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en risco de exclusión social. «Non obstante, o Concello segue tendo que asumir unha parte do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ou aquel relacionado coas prazas ofertadas no centro de día e nas escolas infantís».

Axuda no Fogar

O financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, que forma parte da Lei de Dependencia, apuntan dende o Goberno local, está contemplado a partes iguais entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas. «Se ben, o Concello de Tomiño consigna case 400.000€ de fondos propios tras licitar o servizo cuns costes de 19€/hora, fronte os 11.5€/hora que financian as mencionadas administracións competentes na materia».

Centro de Día e escolas infantís

A moción tamén aborda a situación do centro de día e das escolas infantís do municipio, xestionadas a través do Consorcio Galego. «A Xunta impón un cofinanciamento ao Concello, xerando custos que ascenden a preto de 250.000€», segundo os orzamentos para este 2024. O Grupo Municipal do BNG critica que a Xunta financie completamente as escolas infantís privadas nalgúns concellos, pero que, a súa vez, esixa a concellos como o de Tomiño copagar por servizos semellantes que, pola contra, si son de carácter totalmente público.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.