Destacados Vigo al minuto

ADEGA-Vigo organiza un novo acto en protesta pola corta de carballeiras en Navia

Este mércores, día 3, ás 17:00h.

ADEGA-Vigo organiza un novo acto en protesta pola corta de carballeiras en Navia

O pasado día 12 de decembro de 2023 daban comezo os traballos de corta que dan inicio ás obras da primeira fase da  Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia, a construción do polígono 1, que consiste na edificación de 733 vivendas dun total de 1.600 previstas na ampliación. Dende ADEGA amosouse o rexeitamento a un proxecto urbanístico que «destruíu xa de forma definitiva o pouco que quedaba dun dos poucos anacos de bosque atlántico dentro da zona urbana da cidade de Vigo», para o que foi convocada unha concentración o pasado 14 de decembro á que acudiron ducias de veciños.

Novo acto

ADEGA-Vigo convoca un novo acto para este mércores, 3 de xaneiro ás 17:00h (diante do Centro de Saúde) que contará coa participación da poeta Silvia Penas nunha acción performativa para despedir a carballeira cortada a cal, malia as declaracións vertidas por representantes da Consellería do Medio Rural, a distintos medios, nos que afirmaba que se ían preservar a maior parte das árbores, foi destruída na súa maioría como ben pode comprobar quen por alí se achegue.

Vigo Arena

A seguir ao acto poético realizarase un pequeno roteiro até o lugar da Barroca para coñecer outra pequena carballeira que podería desaparecer ao construírse sobre ela o proxecto anunciado por parte do Concello de Vigo do auditorio Vigo Arena.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.