Destacados Vigo al minuto

Nada menos que 604 reclamacións para recuperar as piscinas de Teis

Presentadas polos veciños

La piscina de Teis tampoco reabrirá en 2024

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis presentou no Rexistro municipal 604 reclamacións-alegacións individuais a aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de Vigo para 2024. As mesmas foran recollidas nas últimas semanas entre a veciñanza, durante o período de a información pública do orzamento que finaliza este martes, día 19 de decembro. 

Sen proxecto para a piscina de Teis

Con esta campaña de recollida de reclamacións, apuntan dende a Asociación Veciñal, “queremos esixir que se aumente a partida destinada  a recuperación da piscina municipal, pois só figuran 450.000 euros e tampouco hai proxecto para recuperala, o que  impide que a piscina, pechada desde hai 18 meses, poda abrirse ao longo de 2024.

Recuperar a da ETEA

Ademais, esixen que os orzamentos recollan tamén unha nova partida para recuperar a piscina da ETEA, cuberta en 2017, pero incluíndo  un sistema que no futuro permitiría poder recuperala, “e que agora podería atender as necesidades de Teis”.   A recuperación desta pileta formaría parte da “idea de crear un complexo deportivo modelo “Mais que Auga” na ETEA”, sinalan os veciños que seguen lembrando que “en Teis, tiñamos dúas piscinas e agora non temos ningunha”.

También te puede interesar