Cultura

Ledicia Costas e Amaro Ferreiro traen este martes a Vigo o espectáculo ‘Ultraluz’

Na sede da Deputación, no Casco Vello

Ledicia Costas e Amaro Ferreiro traen este martes a Vigo o espectáculo 'Ultraluz'

A sede da Deputación en Vigo (R/Eduardo Chao, 17) acolle este martes, día 19 (20:00h.), o espectáculo “Ultraluz”, coa poesía de Ledicia Costas e a música de Amaro Ferreiro. Esta experiencia artística única, que ten as entradas esgotadas, enmarcada na oferta cultural que a vicepresidenta primeira e delegada da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, ten deseñado para a sede viguesa, en colaboración con colectivos culturais para estes últimos meses do ano.

Recuperar o papel de Vigo como referente cultural

“O noso obxectivo –asegurou a vicepresidenta na presentación das propostas culturais da Deputación na súa sede de Vigo- é recuperar o papel da cidade como referente cultural”. Neste eido, Fernández-Tapias amosou o compromiso do Goberno provincial de exercer de catalizador dunha cidade que, “sendo berce da Movida dos anos 80, ten pendente recuperar a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España e facer valer a súa calidade artística e de dominio cultural”.

As vebas de Ledicia Costas e a música de Amaro Ferreiro

O espectáculo parte do poemario “Ultraluz” co que Ledicia Costas gañou en 2022 o XX Premio de Poesía
Afundación.
As verbas de Costas unidas á música de Amaro Ferreiro, compositor e creador de proxección global, constitúen unha viaxe sensorial máxica, un espectáculo delicado, sorprendente e memorable cunha atmosfera excepcional.

Tal e como afirman os seus creadores, “Ultraluz” non se trata dun recital de poesía, nin dun concerto ou dunha performance, senón da adaptación do libro ao escenario nun xeito diferente de contar a historia, convertendo a obra nunha nova expresión artística onde conviven a palabra, a música e a luz.

También te puede interesar