Destacados Vigo al minuto

Concentración este xoves contra a corta de carballos en Navia

Ás 16:00h. diante do Centro de Saúde

Concentración este xoves contra a corta de carballos en Navia

Como informou vigoalminuto, hai uns días comezaron os traballos de corta que dan inicio ás obras da primeira fase da  Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia, a construción do polígono 1. A mesma, abrangue a edificación dunhas 38 vivendas dun total de 1.600 previstas na ampliación.

Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), manifestan o seu rexeitamento a un proxecto urbanístico que “vai destruír de forma definitiva o pouco que quedaba dun dos poucos anacos de bosque atlántico dentro da zona urbana da cidade de Vigo”

Por iso, convocan este xoves, ás 16:00h. diante do Centro de Saúde do PAU de Navia, unha concentración, “á que convidamos a asistir á toda a veciñanza”.

También te puede interesar