Comarcas

A Deputación de Pontevedra ve recoñecida a calidade do proxecto ‘Erasmus+ 2023’

Impulsado en 40 centros de FP de 24 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra ve recoñecida a calidade do proxecto 'Erasmus+ 2023'

A Deputación de Pontevedra vén de recibir en Madrid un recoñecemento á calidade do proxecto Erasmus+ 2023. Durante o acto de entrega do galardón, este martes no Teatro Real, o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), organismo dependente do Ministerio de Universidades, remarcou a importancia desta iniciativa da institución provincial e o seu papel para “conectar o mundo educativo co laboral”.

Formación do alumnado de FP en países da Unión Europea

O acto tivo lugar no marco da Xornada Anual de Difusión Erasmus+, unha cita na que se puxeron en valor os logros do programa en cada un dos sectores educativos, visibilizando exemplos de boas prácticas e testemuñas. A Deputación de Pontevedra foi unha das 69 entidades e persoas do territorio español recoñecidas pola súa calidade na xestión deste programa que busca completar a formación do alumnado de Formación Profesional con prácticas laborais en empresas e institucións situadas en países da Unión Europea.

40 centros en 24 concellos

A Deputación de Pontevedra desenvolve o proxecto Erasmus+ a través dun consorcio formado por 40 centros de Formación Profesional de 24 concellos da provincia. O propósito desta iniciativa é conseguir que o alumnado mellore o seu perfil profesional e adquira experiencia laboral e novos coñecementos relacionados coa súa profesión mellorando, en consecuencia, a súa perspectiva de emprego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.