Comarcas

Nigrán impulsa as compras no comercio local, este Nadal

#EuSonDeMercarEnNigrán engloba 33 establecemnetos, de xoiarías a panaderías

Nigrán impulsa as compras no comercio local, este Nadal

O Concello de Nigrán, xunto coa asociación de empresarios Ovalmi, inicia hoxe a campaña especial de Nadal de promoción do comercio local #EuSonDeMercarEnNigrán.

Un total de 33 negocios de todo tipo se inscribiron este ano nesta iniciativa aberta a todos os comerciantes do municipio e que inclúe reparto de 8.000 bolsas de algodón entre os establecementos, envoltorios de papel, cartalaría en vallas e redes sociais, anuncios publicitarios. Como xa é habitual, os propios ‘tendeiros’ son os protagonistas de toda a campaña.

Tendas de roupa, ferreterías, ópticas, hostalería, tendas agrícolas, parafarmacias, xoiarías, panaderías… forman parte grazas ao rostro de cadanseu dependente e, xuntos, representan a todo o tecido comercial da localidade.

“O obxectivo é subliñar ante a nosa veciñanza e visitantes que temos un tecido de pequeno comercio moi variado e que paga a pena”, sinalan dende o Concello.

También te puede interesar