Comarcas

A Deputación pon en marcha un portal para divulgar as actividades de Nadal nos concellos da provincia

O Concello de Vigo non se sumou ao mesmo

A Deputación pon en marcha un portal para divulgar as actividades de Nadal nos concellos da provincia

Co obxectivo de divulgar a programación dos concellos da provincia, a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, acaba de poñer en marcha un portal no que se poden consultar todas as actividades que se desenvolverán ao longo e ancho da provincia.

Agora, máis dunha vintena de concellos –entre os cales non está o de Vigo– xa forman parte da páxina web (https://turismoriasbaixas.com/gl/navidad-rias-baixas), se ben segue aberto o prazo para que máis municipios se adhiran.

Toda as propostas: desde alumeado a xogos e actividades

Iluminación nas rúas e prazas, fantásticas decoracións nos centros urbanos e no rural, concertos, mercados, atraccións, xogos, nacementos, actividades para todas as idades, etc. A través do mapa interactivo que se pode atopar na devandita páxina web, as persoas poderán buscar que ver e facer para vivir o Nadal nas Rías Baixas.

Obradoiros, concertos, mercadiños, festas, actuacións musicais ou feiras

Desta maneira, na páxina poderán consultarse os obradoiros, concertos, mercadiños, festas, actuacións musicais, feiras de atraccións e todas as actividades programadas, tanto para maiores como para pequenos. Tamén é posible descubrir outros datos, como os horarios das visitas dos Reis Magos e de Papá Noel aos diferentes concellos, así como os días de celebración das cabalgatas.

También te puede interesar