Deportes

Galicia logra, de novo, o Campionato de España de ‘Técnica Infantil’

Con 9 medallas: 2 ouros, 6 pratas e un bronce

Galicia logra, de novo, o Campionato de España de 'Técnica Infantil'

Galicia logrou a primeira posición no Campionato de España de Técnica Infantil por Autonomías de Taekwondo, que se disputou este mércores pasado en A Nucía. En total as e os deportistas galegos conseguiron un total de nove medallas (2 ouros, 6 pratas e un bronce) facéndose, de novo, cun título que xa conseguira en 2022 e 2021.

Benxamín e alevín

Na categoría benxamínDalia Francisco (Yidam) logrou o título de campioa de España, mentres que Iago Mera (Omnihum) foi prata na categoría masculina. En alevín, houbo dúas pratas para Galicia. Valeria Soto (Patiño) e Julian Pumar (Han´s Horang I) subiron ao segundo chanzo do podio para recoller a súa medalla de prata.

Infantil e cadete

En infantil, Adrián Vidal, do TKD Sada, sumou unha medalla de prata máis, mentres que Alicia Castro (Neka) foi bronce. E continuamos coa categoría cadete, onde Jessy Sun (Han´s Horang I), recén chegada do Europeo, logrou a medalla de prata.

Rematamos a nosa colleita de metais coas parellas. En cadete, Xiana Prol e Iago Otero (Couto) proclamáronse campións de España, mentres que a parella alevín formada por Alejandra Fernández e Julian Pumar (Han´s Horang I) foi subcampioa de España.

También te puede interesar