Comarcas

Veciños de Goián esixen a apertura do consultorio médico, pechado dende a pandemia

Denuncian que o conselleiro de Sanidade non cumpriu co seu compromiso

Veciños de Goián esixen a apertura do consultorio médico, pechado dende a pandemia

A Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño convocou esta fin de semana unha nova marcha polas rúas da vila, para rematar diante do Consultorio médico, que a día de hoxe  segue pechado.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo o pasado 8 de novembro, no Parlamento de Galicia, que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) reabriría o Consultorio de Goián, cun médico e enfermeira especialista en Atención Familiar Comunitaria. Igualmente dixo que se poría en marcha unha iniciativa piloto onde a Saúde Comunitaria  cobraría unha especial relevancia. 

Mentira «descarada»         

Dende a Plataforma denuncian que «estamos cansos de que se nos minta dunha maneira tan descarada e que se estea a pagar un aluguer por un consultorio que segue pechado a cal e canto«.  Esta situación, «tan penosa e deporable» para os usuarios do Consultorio de Goián, repercute negativamente no Centro de Saúde de Tomiño, «que esta sufrindo a falta de médicos dende outubro». Situación que tamén denuncia a Plataforma, porque nestes momentos só hai 3 médicos dunha plantilla de 8.

Sen médicos de cabeceira

A situación é caótica porque non hai médicos de cabeceira que fagan seguimiento dos pacientes, e conseguir citas presenciais é case misión imposible, «todo isto na época con maior incidencia de enfermedades respiratorias».
   

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.