Deportes

A Deputación volve a reclamar ao Concello o proxecto da grada de Gol

E marca como condición necesaria a renovación da concesión ao Celta

A Deputación volve a reclamar ao Concello o proxecto da grada de Gol

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra emprazou hoxe ao alcalde de Vigo a “demostrar a súa vontade de chegar a acordos con administracións de distinto cor político”, enviando, “dunha vez por todas o proxecto da nova Grada de Gol”, que a institución provincial “lle ven reclamando por activa e por pasiva”.

Marta Fernández-Tapias salienta que non hai razóns que xustifiquen máis retrasos na entrega desta documentación, necesaria para concretar a colaboración entre o Concello e a Deputación.

Condición imprescindíbel para renovar a concesión do campo ao Celta

En todo caso, Tapias, que ademais e deputada con competencias en Deporte e en Vigo e a súa área, marcou como condición sine qua non a renovación da concesión ao Celta de Vigo. “O que queremos os celtistas é que o club poida celebrar o seu vindeiro centenario en Balaídos e para iso precisamos dun estadio en condicións”, sinalou.

Non pode demorarse máis

Tendo en conta que a institución provincial será cofinanciadora ao 50% da devandita instalación -proseguiu- é razoable que exixamos a posta a disposición do proxecto”. Neste sentido, indicou que a remisión da documentación “non pode demorarse máis”, de xeito que se eviten máis retrasos e se poida cumprir o desexo común de materializala canto antes.

También te puede interesar