Galicia

O 75% do alumnado que participou nos cursos de castelán da Deputación superou as probas do Instituto Cervantes

As probas realizáronse en setembro

O 75% do alumnado que participou nos cursos de castelán para inmigrantes promovidos pola Deputación de Pontevedra ( en colaboración co Centro de Linguas da Universidade de Vigo), superou a proba para a obtención do diploma (DELE) nivel A2 do Instituto Cervantes.

Foron un total de 36 persoas das 43 que se presentaron ao exame tras ter superado os cursos promovidos pola institución provincial.

O alumnado que superou o curso e optaba ao diploma, procedía do Brasil (o 34%); Marrocos (32%); Senegal (14%); Ucraína (9%); Rusia (5%); Ghana (2%); Mozambique (2%) e Nixeria (2%). As probas realizáronse o pasado mes de setembro en centros da Universidade situados nos campus de Pontevedra e de Vigo.

Con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra busca facilitar ás persoas de países non falantes de castelán a consecución deste título, para apoiar así a súa integración na provincia como cidadanía de pleno dereito. Como xa é sabido, o DELE A2 é un título indispensable para que, posteriormente á súa obtención, poidan optar tamén a adquirir a nacionalidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.