Destacados Vigo al minuto

En marcha a programación da «Cereixa de auga», en Beade

Dende o vindeiro xoves, día 1

En marcha a programación da "Cereixa de auga", en Beade

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a programación cultural da «Cereixa de auga» coa inminente chegada do inverno, estando presentes actividades asociadas á época do Nadal.

1 de decembro

O derradeiro mes do ano é inaugurado polo «Acendido da árbore de Nadal», un evento especial co que se quere facer participe á veciñanza tras ser convidada a participar na elaboración dos adornos da árbore. Está programado para o venres 1 de decembro ás 20:30H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Sábado, 2 de decembro

Ao día seguinte terá lugar o «Festival de baile moderno», que contará coas intervencións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Escuela de baile Pasos Bailegalicia e o Grupo de baile moderno EnDanza da A.V.C.D. de Cabral. O acto, programado para o 2 de decembro, dará comezo ás 17:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

9 de decembro

A continuación será a quenda do «II Encontro de Rondallas en Beade», un evento organizado en conxunto coa Irmandade de Festas de Santa Ana no que estarán presentes a Rondalla do C.S.C.R. de Beade, a Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla Peña Freixo. A xornada comezará cun pasacalle de cada formación dende diferentes puntos da parroquia, tendo como lugar de encontro o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade. Este acontecemento será o 9 de decembro a partir das 16:15H (16:15H pasacalle / 17:00H acto central no Torreiro de Festas). Entrada de balde.

Día 17

O ecuador do mes terá como enfoque cultural o «Festival de corais», un acto no que intervendrán a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica María Auxiliadora e a Coral Polifónica da S.C.D. «Atlántida» de Matamá. Está programado para o 17 de decembro ás 19:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Visita de Papá Noel e concerto de Nadal

«Visita de Papá Noel» marcará o treito final deste ano 2023, onde a rapazolada de Beade poderá trasladarlle os seus desexos e entregarlle as súas cartas. Esta chegada tan especial terá lugar o 23 de decembro ás 16:00H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Finalmente, o C.S.C.R. de Beade acolle ese mesmo día o «Concerto de Nadal» organizado pola Banda – Escola de Música de Beade, dando comezo ás 18:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.