Destacados Vigo al minuto

Queres coñecer a nobreza en estado puro?… ven o domingo a visitar Os Biosbardos

Mira como tes que facer

Queres coñecer a nobreza en estado puro?... ven o domingo a visitar Os Biosbardos

Así é. Se che gustan os animais e queres colaborar cunha protectora, este domingo, día 26, Os Biosbardos teñen unha xornada de portas abertas, “para que poidas coñecer ás nosas peludas e peludos”, as instalacións e as formas nas que poderías colaborar con eles. Ven pasar unha estupenda mañá: fará bo tempo, “daremos un pequeno paseo cos cans e cadelas e contaremosvos cal é a nosa labor”.

Se estás interesad@ , envía un WhatsApp ao 600356891 ou un correo electrónico a [email protected].

Un traballo de 365 días ao ano

Os responsables e voluntarios da Protectora Os Biosbardos teñen ao seu cargo a máis de 600 animais, son elas e eles os encargados de atendelos; levalos ao veterinario; alimentalos; bañalos; darlles a medicación; sacalos a pasear; adaptalos; socializalos; comprobar a idoneidade das persoas que queren adoptar e facer o seguimento de cada un deles.

Realizan un traballo de 365 días ao ano…e parte del é concienciar da importancia de coidar e tratar aos animais con respecto, por iso dan charlas en colexios; organizan reunións; acuden a actos e feiras, presentando e explicando o seu labor. Este domingo tes a oportunidade de coñecela en persoa.

También te puede interesar