Galicia

O Centro Saladino Cortizo, sen especialista en Audición e Linguaxe dende o inicio do curso

Pais e Nais de alumnos, indignados e defraudados coa Consellería de Educación

O Centro Saladino Cortizo, sen especialista en Audición e Linguaxe dende o inicio do curso

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) de alumnos do CEE Saladino Cortizo, vén de expresar a súa indignacién e preocupación pola ausencia da especialista en Audición e Linguaxe. O centro carece del dende principio de curso e a ANPA presiona á Dirección do centro para que o alumnado do ciclo de Tránsito á Vida Adulta reciba ese servizo adecuadamente.

“Dende o centro comunícanos que está solicitado tanto en inspección como na xefatura territorial [da Consellería de Educación] e que de momento non teñen resposta”, apuntan dende a ANPA. Con todo, engaden, tamén din que a ratio está cuberta, non así as necesidades. “Necesidades que son imprescindibles nun alumnado que non só ten carencia verbal senón tamén motriz“.

O trimestre perdido

Asimesmo, nais e pais aseguran que o trimestre está perdido e que o alumnado non está recibindo un servizo que lle corresponde. “Non esquezamos que estamos a falar do único centro Público de Educación Especial do Sur de Pontevedra, subliñan.

Falla de vontade

Para a ANPA, dicir que non se cubre porque non existe a figura de comisión de servizo para aquelas persoas que se forman en cursos, “pagados pola administración”, en sistemas de comunicación alternativos tanto visual, auditivos e táctiles e que non poden solicitar esas prazas “vacantes”, sen adxudicar porque non están convocadas, nin existen,” é tirar pedras contra o noso propio tellado”.

Asi, subliñan, “hai xente formada coma a persoa que desempeñaba ese traballo ata o de agora, pero non hai vontade de facilitar que estas persoas traballen e ocupen estas vacantes, xa que tan só se pensa en aforrar cartos e tratar ás crianzas que se forman neste Centro coma meros números”.

Denigrante

As nais e pais entenden que “é denigrante” que un centro de educación teña estas carencias tan elementais para que nalgún momento poidan desenrolarse e comunicarse de forma autónoma. Esta vacante sen cubrir de Audición e Linguaxe súmase a ausencia da Traballadora Social que fai dous anos sacaron do Centro. “Unha figura fundamental para este centro que segue sen existir e que imposibilita que a maioría das familias vulnerables do centro que son case a metade das nosas familias asociadas poidas ter o dereito de asesoramento claro e directo, polo que son as rapazas e rapaces do centro quenes pagan a súa ausencia”.

É por todo isto que dende a ANPA aseguran sentirse defraudados polo Conselleria de Educación que non entenden as necesidades ESPECIAIS dun centro de Educación Especial”.

También te puede interesar