Comarcas Vigo al minuto

Nava Castro logra o compromiso do IDAE de desbloquear preto de 3 millóns, pendentes para Ponteareas

Por obras executadas entre 2019 e 2022

Nava Castro logra o compromiso do IDAE de desbloquear preto de 3 millóns, pendentes para Ponteareas

Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, trasladouse a Madrid para reunirse coa Secretaría Xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), organismo adscrito ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, e solicitar o desbloqueo de preto de 3 millóns de euros que este organismo lle adebeda ás arcas municipais.

O obxectivo do encontro foi solicitar o aboamento destes fondos á maior brevidade posible tendo en conta que se trata de “Fondos Europeos retidos por este organismo” e que se corresponde a obras executadas entre os anos 2019 e 2020 principalmente aínda que tamén algunha de menor contía entre 2021 e 2022.

Eficiencia enerxética

De feito a maior parte destes fondos, arredor dun 75% se corresponde co cambio do alumeado das vías públicas a LED, para garantir un menor gasto e eficiencia enerxética e cumprir así cos obxectivos de aforro enerxético e transición a enerxías máis limpas e respectuosas co medio ambiente. 

Compromiso

A alcaldesa de Ponteareas, a primeira que se achega a Madrid para reclamar estes fondos desde o 2019, volveu da capital co compromiso por parte da Secretaría Xeral do IDAE de axilizar ao máximo posible a tramitación da chegada destes fondos ás arcas municipais, desbloqueando a paralización actual.

Te podría interesar