Sucesos Vigo al minuto

Vitrasa denuncia outro apedramento a un dos seus autobuses

Ao que cubría a liña 9B aos seu paso por Rabadeira

Vitrasa denuncia outro apedramento a un dos seus autobuses

Vitarsa vén de denunciar que este venres pasado, arredor das 23:00h rexistrouse un novo ataque violento a un autobús. Nesta ocasión, indican dende a concesionaria, o vehículo que cubría a liña 9B ao seu paso pola rúa da Rabadeira recibiu o impacto dunha pedra na fiestra do parabrisas frontal. No autobús viaxaba un pasaxeiro que non sufriu danos, o concutor tamén saíu ileso.

Ataques

Dende Vitrasa subliñan que só a semana pasada foron 3 os autobuses atacados de forma violenta, “con obxectos
contundentes que impactaron contra a fiestra dianteira”. De novo, os responsables da empresa insisten en que “este tipo de ataques poñen en risco as persoas viaxeiras, aos compañeiros e compañeiras que realizan o servizo e a calquera persoa que circule pola vía”.

Los responsables de la concesionaria reiteran que todos los horarios y frecuencias de los buses pueden consultarse en www.vitrasa.es, y en las redes sociales de la concesionaria Facebook / Twitter / Instagram actualizados en tiempo real, en las App de movilidad y en los teléfonos 986 29 16 00 / 986 20 74 74.

También te puede interesar