Vigo al minuto

En 2024, o Concello destinará 24,2 millóns a Educación

Son 2,4 millóns máis que este ano

Asi o adiantou o alcalde. Abel Caballero detallou as partidas do orzamento para 2024 na área de Educación medran un 11% respecto ao 2023, o que supón 2,4 millóns de euros máis.

«É un orzamento excepcional», subliñou o alcalde, «para seguir atendendo á xente na educación”. Polo miúdo, explicou que o Goberno municipal destinará 5,8 millóns de euros ás axudas a familias para libros de texto, das que poderán beneficiarse 28.000 nenas e nenos cuxas familias recibirán 205€ por cada filla ou fillo. “Somos o único municipio de España que paga estas axudas”, para a educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Especial e Formación Profesional Básica.

Bolsas de Comedor

O Concello mantén o convenio con Foanpas para as bolsas de comedor e as actividades extraescolares, que teñen un orzamento de 642.405€. A este importe, engadiu Caballero, hai que sumar as axudas para libros, material escolar e comedor de Benestar Social por un importe de 1.427.700 euros. En total: 2.070.000 euros.

Vigo en Inglés

O programa de inmersión lingüística Vigo en Inglés contará cun orzamento de 3.000.000 de euros (546.600€ máis ca en 2023), dado que se produciu “un incremento de custo moi importante na estancia no Reino Unido e queremos seguir enviando cada ano entre 900 e 1000 mozas e mozos”. Amais, as bolsas para estudos internacionais que suman 175.000€ para a Escola Oficial de Idiomas

Limpeza e mantemento de centros escolares

O orzamento municipal para 2024, sumou o alcalde, contempla partidas para a atención aos centros escolares: para a limpeza 3.594.185 euros; reparacións e mantemento de edificios de colexios 670.000 euros; mantemento de caldeiras calefacción e depósitos 139.194€; mantemento eléctrico: 45.000€; luz: 1.025.000€; gas, combustible e carburantes: 70.000€ e para a vixilancia e pequeno mantemento ordinario dos centros escolares 925.000 euros. «En total, o goberno de Vigo destina máis de 6.400.000 euros aos colexios públicos da cidade».

Ensinos especiais

Polo que se refire aos ensinos especiais, Vigo dedica 2.225.000 euros: A Escola de artes e oficios ten un 100% de subvención; a Escola municipal de música un 70%; Escola municipal de teatro un 75%; Escola Municipal de música tradicional e folk-ETRAD o 90% e a Escola municipal de danza está subvencionada nun 96%.

Escolas Infantís Municipais

O alcalde explicou que as escolas infantís municipais teñen un orzamento para 2024 de 2.400.000 euros e son “completamente gratuítas para as familias, son pagadas polo Concello, incluído o comedor”, un extremo que «non ocorre no caso das escolas autonómicas, xa que o comedor non se subvenciona», tal e como apuntou.

UNED

Por último, o orzamento de Educación dedica á Aula UNED no Auditorio Mar de Vigo case 700.000 euros; reserva partidas para as cubertas dos patios do colexio Javier Sensat, Villalaura e Frián-Teis; o programa Vigo Educa; a Biblioteca Navia, o Programa de educación básica de persoas adultas, actividades extraescolares e o alugueiro de locais educativos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.