Destacados Vigo al minuto

A Deputación destinará 7,5 millóns a Vigo nos orzamentos de 2024

Esta cifra medrará con proxectos de colaboración concretos

A Deputación destinará 7,5 millóns a Vigo nos orzamentos de 2024

Os orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2024 “garanten o apoio ás grandes cidades”. Deste xeito, Pontevedra e Vigo “seguirán contando cun convenio específico para cada unha” dotado con 7,5 millóns de euros. Trátase dunha cifra que “poderá medrar a medida que se formulen proxectos de colaboración cocretos”.

66 millóns a cooperación e acción comunitaria

Ao mesmo tempo, un terzo do orzamento total da institución provincial para o vindeiro ano destinarase directamente a modernizar os concellos e mellorar a atención á veciñanza. Concretemente, serán, con 66 millóns de euros dirixidos á Cooperación e Acción Comunitaria que supoñen un 16,4% e 9,3 millóns de euros máis que este ano.

“Estas contas son un reflexo claro das nosas prioridades. Non só nos declaramos municipalistas. A colaboración e
o apoio non é unha frase bonita, é un feito que se reflicte nestas contas”
, asegurou o presidente da Deputación, Luis López na presentación do orzamentos para o próximo ano.

+Provincia

Unha das grandes partidas do servizo de Cooperación e Acción Comunitaria será para o Plan +Provincia que
no 2024 estará dotado con 48,2 millóns de euros, “a cifra máis alta da historia destes plans de investimentos
da Deputación para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”
.

En liñas xerais, +Provincia medra un 9,5% con respecto a este ano, o que se traduce en 4,2 millóns de euros máis para o anteriormente coñecido como Plan Concellos que, ao longo dos seus oito anos de vixencia, soamente se
incrementou en 4 millóns de euros (40 millóns no 2016, 44 millóns no 2023).

+Provincia contará con catro liñas de actuación. Así, xunto a investimentos, emprego e gasto corrente que
xa contemplaba o Plan Concellos, haberá unha nova para que os concellos da provincia poidan redactar
proxectos de futuro.

Plan Provincia Comunitaria

Ademais, a colaboración e proximidade coas demais administracións e co tecido asociativo da provincia caracterizará
tamén a acción de goberno da Deputación no 2024
. Para materializar este compromiso, o executivo provincial incluirá nos seus orzamentos o Plan Provincia Comunitaria dotado con máis de 2 millóns de euros para apoiar o labor das asociacións dos concellos de Pontevedra.

Haberá unha liña destinada ás comunidades regantes, o Plan+Aqua, que estará dotada con preto dun millón de euros para axudar nas tarefas de abastecemento e explotación responsable dos recursos hídricos da provincia.

Convenio coa Axencia Tributaria Galega

Outra das novidades que afectan directamente aos concellos da provincia será o convenio coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). O obxectivo do mesmo é facilitar que os concellos poidan ingresar as débedas fiscais que ata agora eran imposibles de recadar.

También te puede interesar