Destacados Vigo al minuto

Días estelares no Mar de Vigo, con Elíades Ochoa e a homenaxe a Mecano ‘Hija de la luna’

Este venres e o sábado

O Auditorio Mar de Vigo prepárase para recibir esta fin de semana un dobre evento que promete elevar a experiencia musical na cidade. Eliades Ochoa, o virtuoso artista cubano, membro fundador de Buena Vista Social Club, tomará o escenario este venres, día 10, nunha cita na que estará pechando a súa xira europea co seu novo traballo «Guajiro», recollendo a testemuña do inesquecible directo que vivimos con Manolo García hai un par de semanas.

Elíades transportará á audiencia a través dos sons auténticos da tradición musical cubana, pero tamén haberá oco pararepasar os mellores clásicos. Ochoa deixou unha marca indeleble na escena musical global, e a súa actuación promete ser unha celebración da diversidade e riqueza da música cubana en Vigo.

‘Hija de la luna’

A continuación, o sábado o espectáculo «Hija de la luna», encabezado por Robin Torres, levará a cabo a mellor homenaxe a Mecano, convidando o público a lembrar e bailar ao ritmo dos éxitos atemporales.

Trátase dunha viaxe nostálxica a través da xira máis importante da carreira de Mecano, «Descanso dominical», que non só foi o seu disco máis vendido, senón que os catapultou á fama e consolidounos como unha lenda.

As entradas para ambos eventos poden mercarse través de www.teuticket.com

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.