Galicia Vigo al minuto

Cesan a 1.000 traballadores do servizo de incendios forestais

Piden á Xunta que deixe de tratalos como «persoal de usar e tirar»

Estabilizado el incendio de Carballeda de Valdeorras, que ha quemado ya 850 hectáreas

A Asociación de Traballadores/as de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA), vén de alertar que o día 2 de novembro case 1.000 traballadores dixos discontinuos temporais de 6 meses do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais (SPIF), «como sucede ano tras ano tras rematar o perigo», foron suspendidos da praza que ocupan, e «enviados ás listas do paro por parte dos seus responsables».

Así, o poñen de manifesto nun comunicado dirixido ao conselleiro de Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, e ó Director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez.

Non hai prevención

No mesmo rexeitan que se leve a cabo traballo algún de prevención, «moito menos prescindindo de gran parte do dispositivo» e acusan a os dous representantes públicos de que estes 1.000 empregados públicos, se vexan na obriga de ter que buscarse a vida noutro lado o resto do ano.

«Cobrando subsidios ou prestacións, os que teñen sorte, a ter que depender de familiares, ou a non ter ingreso de ningún tipo os demais. Porque si, xa llo aclaramos, sobre todo ó señor José González, que lle gusta comentar entre risas dicindo que se antes vivíamos con 3 meses,  podemos vivir perfectamente con 6 meses. Nótase que vostede na súa vida estivo nesta situación cando se permite falar desa maneira. !Non, señor José González!, Nin con 3 meses se vivía, nin tampouco se vive con seis».

Non se organizan ben os recursos

Asi mesmo, lémbranlle ao conselleiro e ao director xeral que «hai sitio para todos, e tan só hai que saber organizar ben os recursos dos que se dispón». Neste eido subliñan que, aínda que nestes momentos levemos un mes de borrascas e choiva, o ano pasado en pleno xaneiro arderon máis de mil hectáreas en Baleira e que o pasado mes de outubro, cando houbo tres semanas de calor, Galicia «comezou a arder en varios puntos», sendo a zona máis afectada a Mariña Lucense, con 3.000 hectáreas arrasadas.

Á vista deste feitos engaden que, ainda que para os responsábeis da Consellería é «un tema tabú», a verdade é que a desestacionalización dos incendios, xa é unha realidade.

Prevención

Por todo iso, insisten en que o traballo do Servizo de Incendios, non só está para apagar lumes: tamén abrangue a prevención -«que apenas se fai»-, e tarefas relacionadas coas emerxencias rurais.  

Á vista destes feitos, dende ATRIFOGA piden, un ano máis, que «os traballadores de 6 meses deixen de ser usados coma persoal de usar e tirar» e que se faga unha «aposta clara e escrita», dende a Xunta por profesionalizar o servizo, «e se conte con nós para traballar todo o ano».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.