Vigo al minuto

Outubro foi ‘extremadamente cálido e moi húmido’

Choveu o dobre que no mesmo mes de 1981 a 2010

Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da historia

Galicia rexistrou un mes de outono extremadamente cálido e moi húmido, tal e como recolle o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Altas temperaturas…

Así, este outubro quedou caracterizado polas altas temperaturas na primeira metade do mes. Ata o día 12, as altas presións no norte da península achegaron aire cálido procedente da África setentrional e trouxeron unha estabilidade que non se rompería ata o 13.

Por zonas, os valores de temperatura máis elevados recolléronse nas ribeiras do Sil e o Miño ourensán, cuxa temperatura máxima oscilou, de media, os 22,9 e 23,7 ºC. Pola contra, os máis baixos, comprendidos entre 15,3 e 17,5 ºC, rexistráronse nas zonas máis elevadas da Comunidade, como son as Serras do Courel, de Queixa ou de Eixe.

A metade de mes, a situación cambiou bruscamente pola entrada da primeira borrasca activa, que deixaba chuvias xeneralizadas en toda a Comunidade e daba paso a unha tempada moito máis suave que non chegou a compensar o calor das dúas primeiras semanas.

…e precipitacións

Así, do día 15 ata o final de outubro, sucedéronse varias borrascas, entre as que destacaron ‘Babet’, ‘Aline’, ‘Celine’ e, en menor medida, ‘Bernard’. Ademais de intensas precipitacións, ocasionaron fortes ventos que marcaron a segunda metade do mes.

En definitiva, máis días de chuvia e moita máis precipitación acumulada do que a media histórica podía invitar a esperar desta época. As precipitacións, ao mesmo tempo, tamén foron moito máis elevadas do agardado.

A pesar de que os primeiros 12 días foron secos, as borrascas consecutivas ata final de mes fixeron que a precipitación media acumulada acadase os 389 l/m2, dándose os valores máis altos na vertente atlántica, onde o máximo absoluto foi superior aos 1.000 l/m2.

Precipitacións un 127% máis altas que a media de 1981 a 2010

Con respecto ao período de referencia 1981-2010, as chuvias acumuladas de forma xeneralizada en toda a Comunidade foron un 127% máis altas que a media (tendo só un precedente máis húmido no ano 1987).

De igual xeito, para o caso da temperatura media, a anomalía foi de +2,7 ºC, só superado en toda a serie polo ano 2014, polo que a conclusión é que este mes de outubro foi extremadamente cálido e moi húmido.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.