Comarcas Vigo al minuto

O Porriño acabará co ‘perigo’ das pontes de madeira do sendeiro do Louro

O Concello terá que levantalas para substituír as súas estructuras

O Porriño acabará co 'perigo' das pontes de madeira do sendeiro do Louro

O Concello do Porriño acometerá a reparación das pontes de madeira do Louro para garantir a seguridade dos viandantes. Estas pontes, instaladas no ano 2010, presentan serios danos fundamentalmente nas partes de madeira que serven de base e que sofren a degradación producida pola humidade ao estar en contacto permanente co terreo. Isto provoca o fallo dalgunha das pezas da base que resta estabilidade na plataforma coa conseguinte rotura de táboas, ademais de presentar risco na estrutura principal.

“Trátase de 3 pontes de gran tamaño que permiten cruzar o Louro e unha cuarta pasarela de menor tamaño que cruza un pequeño cauce afluente e que forma parte da senda peonil que percorre a beirado río”, explicou o concelleiro, Marcos Martínez.  

Cambio da base

Para solucionar esta situación levantaranse as pontes para a substitución da estrutura de base dos mesmos con novos elementos de madeira ou con outra solución constructiva que poida ser autorizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Repararase a plataforma de paso renovando as pezas en mal estado e aplicando ao conxunto un tratamento para «reducir a resbaladicidade».

Taboas deterioradas

“Asemade, na ponte metálica que cruza o río augas abaixo paralela ao vial de acceso a Pontellas, as taboas que forman o pavimento están deterioradas e levarase a cabo a súa reposición con taboas que polo seu deseño raiado e o seu tratamento superficial eviten esvarar”, engadiu o edil.  

72.000 euros

Así, serán 5 as estruturas sobre as que se actúe de maneira urxente, o que requerirá unha inversión de 72.000 euros que xa foi consignada polo goberno municipal. “A senda do louro é un lugar moi concurrido ao que acoden a diario moitos porriñeses e o estado destas pontes supón un risco«, sinala o concelleiro, non só porque se atopa esvaradizo, «senón porque as taboas levantadas poden provocar caídas, concluíu o alcalde

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.