Comarcas Vigo al minuto

O Camiño Portugués elixido coma un dos mellores destinos sostibles por Lonely Planet

Figura entre as principais cidades, países, rexións e destinos

O Camiño Portugués elixido coma destino sostible na 'Best in Travel 2024', de Lonely Planet

A prestixiosa editorial de guías de viaxe, Lonely Planet, acaba de facer pública a súa décimo novena selección anual Best in Travel, na que figura o Camiño Portugués a Santiago coma un dos cinco destinos sostibles que recomenda.

Asi, Lonely Planet identifica as 50 principais cidades, países, rexións, destinos sostibles e con mellor relación calidade-prezo do mundo para visitar o próximo ano. Nesta relación dos Best in Travel 2024 figura o Camiño Portugués que ven definido nos seguintes termos:
«Máis que un roteiro de peregrinación, o Camiño Portugués (Caminho Português de Santiago) é unha viaxe panorámica a través de Portugal e España a pé ou en bicicleta. Iglesias románicas, ríos e pobos antigos recibiranche ao longo do carreiro de 620 km que une Lisboa con Santiago de Compostela. Pase a noite en albergues de propiedade local, cee en restaurantes tradicionais e percorra pequenos pobos que tiveron dificultades cando os seus residentes emigraron en masa ás grandes cidades. Reduce a velocidade e goza da paisaxe cambiante mentres te fas amigo doutros viaxeiros ao longo do camiño».

Para Ana María Núñez, concelleira de Turismo de Tui, a inclusión do Camiño Portugués nos Best in Travel 2024 supón un recoñecemento ás potencialidades desta ruta de peregrinación, que ten a súa porta de entrada en Galicia polo concello tudense.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.