Destacados Vigo al minuto

Comeza a 2ª fase da humanización da Avenida de Galicia, en Teis

Abrangue un treito de 1,56 quilómetros

Comeza a 2ª fase da humanización da Avenida de Galicia, en Teis

As obras da 2ª fase do proxecto de humanización da Avenida de Galicia en Teis- estrada PO-323-, xa están en marcha. En total, a Xunta destinará a esta actuación 4,1 millóns de euros. Asi, con esta nova intervención complétanse os traballos da 1ª fase desta vía, no treito de 500 metros que vai desde a Avenida da Mariña Española ao IES de Teis, á que se destina un investimento autonómico de 2,45 millóns de euros.

Aparcadoiro

En concreto, as obras da 2ª fase iniciadas este luns, están a comezarse polos traballos de roza no aparcadoiro situado na marxe oposta ao parque da Riouxa. A intervención, no seu conxunto, centraranse na humanización do treito de 1,56 quilómetros desta vía autonómica, entre o límite municipal de Vigo e Redondela e o instituto de Teis. O obxectivo é reforzar a seguridade viaria, priorizando os peóns nesta vía de acceso á cidade con características urbanas.

Deste xeito, a actuación incluirá a reposición de pavimento dos itinerarios existentes; a execución de zonas de aparcadoiros e a habilitación de pasos peonís sobreelevados nas interseccións que permitan a interconexión con outros itinerarios peonís. Nas zonas onde haxa espazo dispoñible, disporase arborado. Non se prevén cambios sobre o trazado en planta e tamén se mantén a rasante da estrada existente.

75 prazas máis de estacionamento

En canto aos novos aparcadoiros incluídos neste obras que se vén de iniciar, executaranse tres novas zonas cun total de 167 prazas. Isto supón que, unido ás prazas que se conservarán nas marxes da estrada, haberá un total de 273 no ámbito da obra. Así, gañaranse 75 prazas con respecto ás 198 actuais.

Cambios

Doutra banda, dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, apuntan que tras a análise das achegas recibidas, procederase a retranquear o saínte da vivenda no número 293 da avenida. Tamén se valorará a expropiación do terreo e a expropiación da parte da vivenda a demoler, e incluirase a reconstrución do resto da vivenda.

Asi mesmo, se levará a cabo o reforzo da semaforización no acceso ao Colexio Público San Salvador e a mellora de instalación semafórica no cruzamento entre Baixada á Rotea e a Avenida de Galicia.

Te podría interesar