Galicia Vigo al minuto

Abanca inicia a transformación integral do seu edificio de García Barbón

A entidade gañou os primeiros 9 meses do ano un 200% máis que en 2022

Abanca inicia a transformación integral do seu edificio de García Barbón

Abanca presentou esta mañá o proxecto de transformación da súa sede corporativa en Vigo. Asi, a entidade financeira -que obtivo un beneficio atribuido de 428,6 millóns de euros nos nove primeiros meses do exercicio, o que supón un incremento do 200,8% -deu a coñecer os primeiros detalles da súa proposta para abrir o edificio de García Barbón ao mundo da empresa, da economía e da sociedade da súa área de influencia.

Trátase da metamorfose máis importante do inmoble nas súas sete décadas de historia, que aspira a ampliar a súa proposta de valor para o tecido produtivo dunha das zonas máis dinámicas de Galicia”, subliñan dende o banco.

Todo no mesmo inmoble

Esta ambiciosa transformación permitirá que o edificio integre por primeira vez nun mesmo inmoble do banco todos os segmentos da oferta comercial especializada de Abanca e a súa aceleradora de negocios. Nete sentido, o proxecto servirá para adoptar non só un deseño máis actualizado dos espazos, senón novos usos e funcións que anteriormente Abanca xa implantou noutras sedes corporativas.

Por tanto, a intención e que os traballos dean paso a un inmoble que aspira a ser máis colaborativo, innovador, sostible, aberto e centrado nas persoas e que, en definitiva, reflicta a propia transformación que experimentou a entidade nos últimos anos. O calendario deste ambicioso proxecto prevé dar inicio ás obras proximamente e as previsións apuntan ao último trimestre de 2024 como data estimada de finalización. Durante este período, os distintos espazos entrarán en funcionamento a medida que rematen as obras.

Ecosistema de startups e polo de atracción para socios tecnolóxicos

O inmoble pretende exercer un novo rol como elemento aberto e transformador para Vigo e especialmente para o seu tecido produtivo e empresarial. Para conseguilo, outra das pezas fundamentais do proxecto é a incorporación dunha sede permanente da aceleradora de fintech da entidade financeiraABANCA Innova. Creada en 2016 e cunha traxectoria consolidada en mentoría e desenvolvemento de ideas empresariais innovadoras, é un dos centros de referencia para o impulso das startups.

Optimizar a superficie total do edificio

Terán á súa disposición zonas exclusivas abertas ao coworking, pero tamén poderán acceder a outros espazos do edificio para necesidades máis singulares. E todo caso, as novas capacidades do inmoble tamén permitirán optimizar a superficie total do edificio. Será a través de espazos en distintas plantas onde de maneira exclusiva instalaranse socios tecnolóxicos de primeiro nivel, coa finalidade de xerar sinerxías. Está previsto destinar á comercialización tamén a última planta do inmoble para proxectos de restauración, cuxo punto forte será un entorno privilexiado e unha exclusiva e inédita panorámica da ría.A sostibilidade e as persoas, no centro

Sostebilidade

Outro dos vectores que impulsan a transformación do edificio é a sostibilidade: a actuación servirá para implantar novos protocolos de redución da pegada ambiental, concretamente co foco posto nos consumos de papel, auga e outros recursos; pero tamén na redución do consumo de enerxía e o investimento en fontes renovables.

Transformación dos postos de traballo

Asi mesmo, a intervención tamén transformará significativamente os espazos de traballo, que adoptarán o concepto open space. As máis de 500 persoas que desenvolven as súas funcións no edificio, entre profesionais da rede comercial e das áreas de apoio, atoparanse cando o proxecto se materialice cun entorno máis colaborativo, adaptado á flexibilidade que requiren as novas formas de traballo, onde será máis fácil compartir ideas entre equipos, e con espazos específicos para reuniones. Ademais, crearanse novas áreas habilitadas para descansos.

A transformación servirá por último para incorporar os últimos avances en dixitalización, xa que permitirá renovar os espazos físicos de traballo e os dispositivos tecnolóxicos dos que dispón a plantilla.

También te puede interesar