Galicia Vigo al minuto

O Porriño estrena sala de estudo con capacidade para 80 usuarios

Estará aberta ao público mañá e tarde, con reforzo en época de exames

O Porriño estrena sala de estudo con capacidade para 80 usuarios

O Concello do Porriño abriu este sábado a súa nova Sala de Estudo, dotada con 80 postos que ofrecen as condicións necesarias para facilitar a concentración dos usuarios e usuarias.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, inauguraron este espazo nun acto no que estivo presente unha ampla representación da comunidade educativa, tecido asociativo e empresarial e tamén usuarios deste servizo.  Iker Faure, ao teclado e voz, e o profesor da Escola Municipal de Música, Jacobo García, ao violonchelo, puxeron a banda sonora ao evento.

Ao carón do Concello

A nova sala de estudo está ubicada nun local de 207 metros cadrados na rúa Antonio Palacios, ao carón do Concello, que requeriu unha inversión de 140.000 euros para acondicionalo. Conta con conexión wifi e cun sistema de acceso libre e gratuíto, controlado mediante tarxeta con porta automatizada. Para facer uso da mesma só é necesario rexistrarse na Biblioteca Municipal.

Estará aberta ao público todos os días da semana, en horario de mañá e tarde, con reforzo en época de exames, tal e como reclamaba a veciñanza.

Te podría interesar