Comarcas Vigo al minuto

A Deputación destina 300.000€ a favorecer as actividades de 70 entidades sociais de Vigo e a súa área

Axudan a persoas en situación de desvantaxe ou vulnerabilidade social

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas para 70 entidades de Vigo e outros dez concellos do sur da provincia que traballan no ámbito social, cun investimento que acada os 300.000 euros.

Estas axudas, que recibirán colectivos radicados en Vigo, Crecente, Mos, Tui, A Guarda, Nigrán, Pazos de Borbén,
Ponteareas, O Porriño, Redondela e Tomiño, servirán para financiar distintas actuacións que estes colectivos desenvolven para axudar a persoas en situación de desvantaxe ou vulnerabilidade social.

Ata 5.700 euros

As contías destas achegas oscilan entre os 1.100 e os 5.723€ e permitirán a estes colectivos financiar, entre outras, actuacións de asistencia alimentaria e atención a familias en situación de risco; vivendas tuteladas; comedores sociais; clases de reforzo escolar; proxectos de integración para persoas xordas; de atención a persoas con problemas de saúde mental ou con enfermidades como a esclerose múltiple.

Vigo

A maior parte das entidades beneficiarias, un total de 54, levan a cabo a súa actividade en Vigo: Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo; Alento-Asociación de Daño Cerebral de Vigo; Apacaf; Asociación Nós Mesmas; Acción Solidaria Galicia (Asdegal); Asociación de Mulleres con Discapacidade Galicia; Diversidades; Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (ASEM Galicia); Asociación Gallega de Afectados por VIH/Sida; Asociación Gallega de Hemofilia; Asociación Autismo Vigo; Asociación Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia; Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares; Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi); Asociación de Padres Profesionales y Amigos
de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia; Asociación de Personas Sordas de Vigo; Asociación Dignidad Galicia; Doa Saúde Mental; Asociación Galega de Fibrose Quística; Asociación de Mulleres Pedra da Vella; Asociación Red Madre Pontevedra; Asociación Vida Digna; Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra e a Asociación Xaruma.

Tamén contarán con subvencións a Asociación Juvenil Abertal; Asociación de Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención (Anhida); a Asociación Párkinson de Vigo; a Asociación Asvidal; Aspanaex; Ategal; Bicos de Papel (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos Hospital Álvaro Cunqueiro); Emaús Fundación Social; Fademga Plena Inclusión Galicia; Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual; Fundación Esplai Ciudadanía Comprometida; Fundación Aldaba; Fundación Amedis; Fundación Casa Caridad de Vigo; Fundación de la Santa Cruz; Fundación Faiben; Fundación Formavigo; Fundación Funditea; Fundación Igual Arte; Fundación Ingada; Fundación Juan Soñador; Fundación Menela; Fundación para la Pesca y el Marisqueo; Fundación Provincial Banco de Alimentos; Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo; Grandes Amigos en Acción; Hogar y Clínica San Rafael; Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector; Misión del Silencio e Sociedad San Vicente de Paúl.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.