Comarcas Vigo al minuto

Covelo estrea novo proxector láser e unha pantalla de 10m2 no Auditorio Municipal

“Vivir no rural non é unha escusa para quedarse atrás” , subliña o alcalde

Covelo estrea novo proxector láser e unha pantalla de 10m2 no Auditorio Municipal

Co “obxectivo de ofrecer servizos de maior calidade e ampliar a oferta de actividades do Auditorio Municipal, o Concello de Covelo realizou un investimento de 6.139, 54€ en material audiovisual.

Dado o intenso uso que se realiza do auditorio no que se imparten cursos e se programan actividades de lecer, o Concello mercou un novo proxector de tecnoloxía láser LCD e unha pantalla eléctrica de 4 metros de ancho por 2,5 de alto. Ademais, adquiríu un selector HDMI con extractor de audio e un extensor de HDMI con ata cen metros de calidade Full HD. Este novo material permitirá proxectar imaxes de mellor calidade e resolución e un audio con menos interferencias e maior claridade.

“Vivir no rural non é unha escusa para quedarse atrás”

E nisto traballa o goberno local, sinala o alcalde. “Dende a administración local tentamos quitarlle o máximo rendemento aos espazos públicos e que a veciñanza poida desenvolver todo o que precise nos mesmos. Ofrecer ferramentas axeitadas é indispensable para manterse actualizados”, explica Pablo Castillo.

Castillo engade, ademais, que é importante estar atento e aberto a todos os posibles apoios, convenios, axudas e convocatorias. Precisamente este é o caso, dado que “a Consellería de Cultura da Xunta financia o 50% do custo”.

Te podría interesar