Comarcas Vigo al minuto

Dende o venres, podes descargar o ‘Bono Turístico’

Ponse 10.000 en circulación cun valor de 100€ cada un

Dende o venres, podes descargar o 'Bono Turístico'

Este venres 27 de outubro ás 09:00h. ábrese o prazo de descarga do Bono Turístico da Xunta. O mesmo servirá para promover as viaxes en Galicia durante este outono e prevé mobilizar ata 2,5 millóns de euros no sector nestes meses.

100€ cada un

Asi, poranse en circulación 10.000 bonos desconto en formato código QR por valor de 100€ cada un cos que se poderá gozar de descontos do 40% en cada compra ata esgotar o saldo do bono. A descarga estará disponible en www.bonoturismo.gal e poden beneficiarse as persoas maiores de idade que residan en Galicia. Unha vez descargado poderá empregarse ata o 25 de decembro nos establecementos adheridos.

Máis de 200 establecementos

Polo de agora, e menos dunha semana despois da apertura do prazo de adhesión para as empresas, xa están adheridos máis de 200 establecementos de aloxamento ou axencias de viaxe. O prazo para que as empresas poidan seguir sumándose á campaña do Bono turístico da Xunta de Galicia permanece aberto ata o 1 de decembro.

Dacordo coas bases, poden participar establecementos turísticos de aloxamento situados en Galicia que cumpran os requistos que se explican nas bases e axencias de viaxes. Neste caso deberán ter un centro de traballo na Comunidade e desenvolver as súas actividades dentro do sector turístico galego. Asi mesmo, deberán estar dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación da convocatoria.

#DescubreGaliciaenOutono

Baixo o lema #DescubreGaliciaenOutono, o bono, que conta cun orzamento de 1 millón de euros, ten coma
obxectivos: a desestacionalizar a actividade turística e a promoción das viaxes dos galegos en Galicia en temporada baixa.

También te puede interesar