Galicia Sucesos

Un morto e 56 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas, a fin de semana

Rexistráronse 40 sinistros

Un morto e 56 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas, a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 57 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 20 de outubro, ata as 23,59 horas deste domingo, día 22.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 40 asistencias sanitarias.

Asi, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes; o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 2 accidentes.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 8 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

You may also like