Comarcas Vigo al minuto

Rueda anuncia unha ‘cota cero’ para todos os autónomos que empecen a traballar en 2024

Compatible con outras axudas da Xunta

Rueda anuncia unha 'cota cero' para todos os autónomos que empecen a traballar en 2024

Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego lanzará en 2024 a ‘Cota cero’ para todas as persoas que inicien a súa actividade como autónomos. Deste xeito, dixo o presidente da Xunta, subvencionarse o 100 % das cotizacións dos primeiros 12 meses para as persoas que se dean de alta o vindeiro ano.

Rueda engadiu, durante a súa participación na Mesa do Autónomo, celebrada no espazo coworking Dálle que dálle en
Vilagarcía, que a Administración galega investirá nesta medida 9,6 millóns de euros, coa que se prevé chegar a
unhas 10.000 persoas. Ademais, a mesmas será compatible coas axudas que a Xunta xa ten en marcha para o inicio da actividade autónoma.

Segundo especificou o presidente, sumando a ‘Cota cero’ e estas axudas, cada nova persoa autónoma en Galicia poderá percibir case 8.600€ en achegas. .

Importancia dos autónomos na economía galega

O xefe do executivo galego salientou a importancia para a economía galega do papel dos autónomos, xa que Galicia é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de autónomos de todo o Estado, 20 %, fronte ao 16 % da media, o que ten un efecto positivo na economía da comunidade.

También te puede interesar