Galicia Vigo al minuto

Non hai sorpresa: Besteiro será o candidato socialista á Presidencia da Xunta

É o único aspirante a entregou os avais requeridos

Non hai sorpresa: Besteiro será o candidato socialista á Presidencia da Xunta

O deputado socialista no Congreso pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro (55), vén de ser proclamado de maneira provisional como candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, ao ser o único dos aspirantes ás primarias que aporta os avais requiridos para concorrer a este proceso.

Asi, o equipo de Besteiro fixo entrega este mércores do máximo de avais permitidos, un total de 1.024 sinaturas, mentres que o precandidato Manuel Losada Fernández non pasou o corte ao non reunir o mínimo dos avais establecidos, que eran 615, equivalentes o 6% da militancia que ten o PSOE en Galicia.

Te podría interesar