Comarcas Vigo al minuto

Mos xa ten blindaxe contra a delincuencia

A Policía Local compra 10 novos chalecos antibalas

Blindaxe contra a delincuencia

O Concello de Mos vén de adquirir para a súa Policía Local un total de 10 chalecos antibalas. Son SIOEN modelo ITEPOL FLEX con funda exterior, protector de cremalleira, e galoneiras de ombreiro.

O máis seguro e apropiado

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía, Gerardo Álvarez, explicaron que se trata dun material testado e sometido ás pertinentes probas técnicas de protección balística e resistencia a armas brancas, sendo considerado “o máis seguro e apropiado” para o desenvolvemento das funcións dos axentes mosenses.

Pode afouxarse ao sentarse no coche patrulla

De feito, entre as características deste novo material atópase que cada axente portador do chaleco “poderá afrouxalo ao sentarse no vehículo patrulla, proporcionando máis comodidade sen necesidade de ter que sacalo”. Asi mesmo, o xefe Reguero salientou que “o peso do chaleco, unido á comodidade ofrecida nas diferentes probas, permitirá portalo durante todo o servizo”. Ademais conta cunha garantía do panel balístico de 10 anos.

Protección 360 graos

Os novos chalecos antibalas teñen un peso por unidade de 2,7 Kg cunha área de 0,30 m2. Tamén proporcionan “protección 360º grazas ao solapamento lateral dos paneis de máis de 3 centímetros”. En total, o Concello investiu neles 8.000€ de fondos propios.

También te puede interesar